Poesía espida.
Estela fermosa.
Fraxilidade no cristal.
Oasis entre as bucinas cotiás do fastío.
Vagan os meus versos
por equinoccios e solsticios,
por lúas e soles
que achegan perfume de nardos
prendido do seu abismo solitario.
A poeta perdida
detén a traxectoria
da tormenta
e as metáforas xemen,
agrandando as feridas
que abriu o verso sedento,
aquel que brinca na poza
na que bebe, con vivo ritmo,
o furacán do sosego lírico.
MARÍA JOSÉ VIZ BLANCO.
[Poema incluído nunha obra inédita]
Foto e imaxe cedidas pola autora
No hay comentarios:
Publicar un comentario