Página principal

Inicio

viernes, 21 de marzo de 2025

'Flocos de algodón', un poema de Manuela Vicente Fernández

 

Manoli Vicente Fernández

Un poema traducido ao galego, do meu poemario Piel atópica para celebrar o Día Internacional da Poesía.

Flocos de algodón

Non era ren:
un floco de algodón flotando no ar, 
a forma cambiante dunha nube,
menos co ruido dun bico,
beizo contra beizo,
o roce dunhas ás voando.
Pero qué se perdeu polo camiño
mentres ese algodón voaba alto,
mentres cambiaban as nubes no ceo
ou pasaban os paxaros voando;
qué pensou, qué soñou 
que a fin pudo esquecer,
ou a qué estraño paraíso renunciou
non pode nomealo.



Manuela Vicente Fernández

Escritora ourensá de poesía, narrativa, microrrelato, ensaio e artigos literarios. Pensa que escribir é un xeito, coma calquera outro, de estar e de ser, de percibir e intentar nomear a nosa realidade interna; tamén de convivir co invisible.




2 comentarios: