Página principal

Inicio

viernes, 17 de mayo de 2024

«Embotellamento» de Luisa Villalta por Yoli López

Luisa Villalta

A escritora Yoli López recítanos para celebrar o Día das Letras Galegas o poema da escritora homenaxeada, Luísa Villalta, que leva por título 'Embotellamento' e pertence o seu poemario En concreto.



Real Academia Galega (RAG) elixiu a Luísa Villalta como autora homenaxeada para o Día das Letras Galegas de 2024. A RAG destacou que "foi unha creadora dunha obra única e sólida que a convirtiu  nunha das grandes figuras da literatura galega da segunda metade dos anos 80 e principios dos 90". A autora, moi comprometida con Galicia, participou na mesa pola Normalización Lingüística e formou parte da directiva da AELG.




En concreto é o último poemario que Luísa Villalta deixou listo en vida. O libro foi recoñecido en xaneiro de 2004 co XII Premio de Poesía Espiral Maior. O xurado destacou o seu carácter expresionista, o pensamento crítico maduro e o equilibrio estilístico entre o conceptual e o visionario. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario