Página principal

Inicio

viernes, 17 de mayo de 2024

«O solitario» de Luísa Villalta, por Moncha Prieto

 

('O solitario...' do poemario Ruido)



A escritora Moncha Prieto envíanos para celebrar o Día das Letras Galegas unha lectura do poema de Luísa Villalta, 'O solitario', do poemario Ruido.


Real Academia Galega (RAG) elixiu a Luísa Villalta como autora homenaxeada para o Día das Letras Galegas de 2024. A RAG destacou que "foi unha creadora dunha obra única e sólida que a convirtiu  nunha das grandes figuras da literatura galega da segunda metade dos anos 80 e principios dos 90". 
A autora, comprometida con Galicia participou na mesa pola Normalización Lingüística e formou parte da directiva da AELG.

O poemario Ruido foi o seu segundo poemario, saiu a luz en 1995 a través da editorial Espiral Maior (Coruña).




No hay comentarios:

Publicar un comentario