lunes, 29 de junio de 2026

Yolanda López, sobre 'O ring': «Escribir algúns poemas foi coma dar golpes contra un saco».

O ring/El ring

Falamos con Yolanda López sobre o seu décimo poemario O ring/El ring, publicado en versión bilingüe (galego-castelán) na editorial Olé Libros (2025).

A obra está composta por dezasete asaltos e un desempate a xeito de puxilato poético no que os rounds se compoñen de afiados e cortantes versos.

Parabéns por esta obra vangardista e orixinal, Yolanda, e grazas por adicarnos un anaco do teu tempo para esta entrevista.

1. Gustaríanos saber como xurdiu a idea de facer este paralelismo co boxeo. Fálanos dos retos e dificultades que tiveches a hora de levar a cabo esta performance poética.

A miña intención fundamental non era manter un paralelismo estrito co boxeo, senón usar algúns elementos do deporte en cuestión para facer referencia á loita coas adversidades da vida, coa, ás veces, non desexada soedade. Malia ese combate cun mesmo, tamén hai un público, o lector, que a través do ego poético tamén se transforma, e viceversa, cito:

23:58. Nocaut.

Soa. Silencio. Todo ao redor. Nada.

Intemperie. Atópome coa inmensidade

de sonidos lonxanos.

Refágome en min a través de vós.

Non teño moitas fontes no referente a este deporte. Vin tres películas cautivadoras sobre o tema: Million Dollar Baby, Toro Salvaxe e Cinderella Man. E lembro que hai anos practiquei un tempiño aerobox para liberarme do estrés. Escribir algúns destes poemas foi coma dar golpes contra un saco, botar puños fora e sacudir as entrañas, un verdadeiro exercicio contra a ansiedade. Na literatura en xeral non son de forzar o que escribo influenciada por referentes, aínda que no subconsciente sempre están aí. Eu deixome sorprender pola propia poesía, polos seus relampos e tronos, non busco artificialmente os meus versos, e se hai algo que me define é esa fusión do corporal co metafísico,  do íntimo co político,  dun xeito que abrolla con espontaneidade. A poesía é resiliencia, combate interior, facer xogada ao último erro para, en consecuencia, vencer.

2. Contra qué, entón, ten lugar a loita escenificada na obra? É unha loita contra o medio ou contra as propias limitacións do ser?

A poesía en certo senso é violencia porque rompe algo dentro de nós, aínda que mais ben rompe algo dentro do regulamentado, do que a sociedade considera como norma. É dicir, a través da linguaxe poética facemos arquitectura volátil e disparo necesario. Esa ruptura co imposto a través do verso  lévamos a reconstruírmonos como poetas.

De feito, neste libro hai destrución e reconstrución continua, loita e sutura. Falamos dunha historia tanto de ascenso como de supervivencia. Ascender para sobrevivir, sobrevivir para ascender.

Nas relacións humanas por suposto hai combate e rounds perdidos. Este capitalismo atroz no que vivimos estou convencida de que conleva a unha deshumanización evidente que deriva nunha  complicación das relacions. O tempo váisenos nas pantallas, no traballo, no consumismo, deixando de lado a verdadeira comunicación. Nunca o ser humano estivo tan só, e non me refiro a soedade desexada.

3. Intentando retomar o fío anterior, fálanos da identidade real, do que se esconde tras o nome de verbas como ring, asalto, cordas, crochet, locutor.

Decidin saltar ao cuadrilátero da vida para vencer ás adversidades a través da poesía, loitar contra a miña propia soedade para vencer á dor, as veces, inevitable. No boxeo sempre hai un vencedor despois de moita suor e moito sangue; neste libro é o mesmo ego poético quen, tras combater contra os seus infortunios, finalmente gaña os rounds con tesón. Hai caídas, contragolpes, puños rebeldes, mais o triunfo ao final de cada texto é evidente. O triunfo de que? Do autocoñecemento, da toma de conciencia, da introspección da alma e metamorfose interior.

 Cada un dos poemas está encabezado por un elemento representativo do deporte do boxeo: o locutor, a corda, a luva, o guante, ata desembocar na caída, o tabique, o animal de tiro, o punto de fuga. Trátase de asaltos onde hai combate físico, mais tamén crise, revelación.

 Percébese paralelismo entre boxeo e xadrez para enfatizar a loita contra un mesmo e a soedade ata chegar ao equilibrio da alma grazas á resistencia ante a dor, conlevando á arte de vencer: o xaque mate á morte e á tristeza.

 Falamos de poesía de identidade, existencialista, vangardista, rompedora, onde predomina un estilo expresionista, surrealista e onírico de elevada intensidade. O árbitro, o locutor, a boxeadora, a xuíza, son personaxes indispensables neste libro-combate, onde a pena se respira, ela mesma cuspe versos de sangue nun campo de batalla e redención.

 A bota salta a corda atravesando silencios empoderados, ata  golpear no saco da tristeza e a angustia efémeras, porque como escribe no prólogo Mila Villanueva hai un desexo de lanzar luz sen negar a sombra.

4. Nos poemas de O ring hai como unha dualidade do ser, coma un desdobramento da conciencia que loita fronte a conciencia observadora, non si? Fálanos da intención última da obra, do obxectivo final, de cara ao público, desta escenificación poética.

A idea de que todos libramos unha batalla no noso propio ring. Non se alaba a dor, non se ensalza, mais tampouco se nega, acéptase como parte da vida, como parte dunha transformación. Trátase de aprender a habitar a dor con outra ollada. O que é evidente é que este libro non busca calmar nin relaxar,  non é nin un spa poético nin un balneario literario, hai que lelo e sentilo co corpo, coas fendas brutais da alma, porque é unha introspección á mesma, unha viaxe ao interior das nosas emocións máis intensas.

5. Cres que conseguiches os teus obxectivos? Cal foi a túa sensación tras rematar O ring/ El ring. Fálanos da acollida que está a ter o libro.

Síntome realizada nestes últimos versos:

-a arte de vencer / queda por vivir o indestructible / inmunizada no silencio de min mesma / cara a fortaleza / do que os golpes / deixaron atrás

Quizais o golpe máis duro do libro é o de Desempate, pois é o round máis longo e intenso que leva ao desenlace final. Como acontence no boxeo, a maior avance, máis emoción.  De feito é un poema con cronoloxía ascendente en minutos, hai unha progresión de estados de conciencia, a voz poética vai atravesando fases de cansancio, lucidez, furia, desdobramento, intuición ata chegar ao nocaut.

É o rexurdir-triunfo, o triunfo-fulgor, o nocaut da mágoa, o voo, a loita combativa, o triunfo que se achega, esa fortaleza que abrolla ceibe: a verdadeira liberación da introspección e da alma…Porque todo o que a vida nos arrebata, recuperámolo noutras formas: recollemos os anacos dese espello onde acaba por latexar a flor.

O que si podo engadir é que, de toda a miña obra poética, este libro é o que está a ter mellor acollida, tanto por parte da crítica literaria, como por parte do lector. Non hai queixa.

6. Fálanos da razón pola que optaches por publicar en formato bilingüe. Cres que no panorama literario galego non é doado alcanzar visibilidade ou chegar ao público en xeral?

Si, é unha edición bilingüe. Algúns poemas foron escritos primeiro en galego e outros en castelán, e posteriormente todos traducidos por min. A miña voz é a mesma nas dúas linguas, mais cando vivía en Madrid e non estaba en contacto co galego, o castelán saía con maior espontaneidade e fluencia. Hoxe en día gosto de escribir nas dúas linguas no que a lírica se refire. Fun criada en castelán, non en galego, pero gosto moito das linguas, e por suposto tamén sinto o galego como a miña lingua materna.

O que está claro é que si es un autor bilingüe non é doado ter visibilidade en Galiza onde teñen prioridade autores monolingües, mais, paradoxalmente, consegues moita máis visibilidade no resto da península. Non é este un xeito de promocionar a nosa lingua fora das nosas fronteiras? Non hai dúbida. Este libro estivo á venda nas feiras do libro de Valencia e de Madrid e houbo bastantes vendas. Non obstante, sendo un libro escrito tamén en galego, a editorial non conseguiu nin sequera que se puxera á venda en ninguna feira do libro en Galiza e na miña opinión, o galego ten que rachar muros, viaxar, cruzar límites. Outro tema xa sería o das subvencións gubernamentais, pois deberían aumentar para a literatura en galego, de ese xeito, moitos autores non nos veriamos forzados a publicar en editoriais madrileñas ou valenciás se non desexamos sufrir perdas económicas.. É un tema moi complexo.

7. Moitas grazas, Yolanda. Antes de despedirnos, queremos saber si podes adiantarnos algo sobre novos proxectos nos que andes metida ou che gustaría embarcarte nun futuro próximo.

Polo de agora seguir promocionando este libro. O sábado 18 de xullo teño reservado un stand para a miña obra artística e literaria, incluida O ring, na V Feira da Cultura en Camiño na localidade de Miño (A Coruña), un evento de gran acollida. Estades todos convidados!

Despois toca descansar, pois levo unha tempada de moito estrés literario, por así dicilo. Moitas grazas a ti.


Yoli López

 






Yolanda López

 Nada en Ourense. É funcionaria de carreira, xestora na Administración de Xustiza. Licenciada e DEA en Filoloxía inglesa, técnica superior en turismo, tradutora e ilustradora pola Escola de Artes e Oficios de Ourense e a Escola Crearte de A Coruña, adicouse ao ensino medio e universitario. Realizou a tesiña sobre a escritora sureña Eudora Welty. Foi investigadora nas universidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Castilla-La Mancha, Swansea e Birmingham (UK), Virginia e Mississippi (USA), así como no Centro Ramón Piñeiro, onde colaborou con diferentes ponencias e artigos de ensaio. 

 É autora de once poemarios individuais e dúas plaquettes. Galardoada con numerosos premios literarios nacionais e internacionais, textos da súa autoría aparecen en moitos libros colectivos. Publicou poemas, relatos e artigos de opinión en xornais e revistas literarias diversas. Colaborou no equipo de traballo do manual Niveis de Competencia en Lingua Galega da Xunta de Galicia. Formou parte do programa de recitais Poesía Nova da Comunidade de Madrid. Participou en recitais benéficos e en homenaxes a intelectuais. Impartiu obradoiros literarios e foi membro xurado de certames para mozos. Participou en espectáculos de videopoesía, pintura, fotografía, música e danza. Formou parte dos grupos literarios Bilbao e Poekas de Vallecas de Madrid.

Segundo as súas verbas: Escribir é fecundar a vida e deixar preñada a nosa morte, porque a poesía é arquitectura volátil e disparo necesario.



(Entrevista anterior. Yoli López: Pecado mortal. O dardo contra a pedra)


domingo, 17 de mayo de 2026

5 voces para lembrar a Begoña Caamaño

Begoña Caamaño

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano 2026 á escritora e xornalista Begoña Caamaño,  varias autoras demos voz a distintos fragmentos das obras da escritora feminista viguesa. 

Yoli López dá voz a 'Circe ou o pracer do azul'


Carmen Castro dá voz a  'Morgana en Esmelle'

Begoña Caamaño

(Vigo, 1964 ― Santiago de Compostela, 2014)

Xornalista nas seccións de cultura e sociedade de informativos da Radio Galega. Traballou nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo e en Radio Noroeste. Foi correspondente en Vigo da Axencia Galega de Noticias e do desaparecido xornal madrileño El Sol. Colaborou en A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza; autora de reportaxes e numerosos artigos nas revistas Festa da Palabra Silenciada e DeLiberadaMente. 

Obras:

Circe ou o pracer do azul (Galaxia, 2009)

Morgana de Esmelle (Galaxia, 2012)

Pel azul e vermella (Grial nº 193, 2012)

Pel con pel (Antoloxia de autores/as, Galaxia, D.L. 2010)

'Pel azul e vermella', de Begoña Caamaño: voz de Manuela Vicente

 Para celebrar este Día das Letras Galegas, adicado a escritora Begoña Caamaño, vou ler un fragmento do seu relato, Pel azul e vermella, publicado no ano 2012 na revista Grial.

Manuela Vicente, lendo un fragmento de Pel azul e vermella


Begoña Caamaño

Begoña Caamaño

(Vigo, 1964 ― Santiago de Compostela, 2014)

Xornalista nas seccións de cultura e sociedade de informativos da Radio Galega. Traballou nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo e en Radio Noroeste. Foi correspondente en Vigo da Axencia Galega de Noticias e do desaparecido xornal madrileño El Sol. Colaborou en A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza; autora de reportaxes e numerosos artigos nas revistas Festa da Palabra Silenciada e DeLiberadaMente. 

Obras:

Circe ou o pracer do azul (Galaxia, 2009)

Morgana en Esmelle (Galaxia, 2012)

Pel azul e vermella (Grial nº 193, 2012)

Pel con pel (Antoloxia de autores/as, Galaxia, D.L. 2010)

'Circe ou o pracer do azul', de Begoña Caamaño: voz de Moncha Prieto.

Circe ou o pracer do azul (ver libro)

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano á escritora e xornalista Begoña Caamañoa escritora e locutora Moncha Prieto ofrécenos a lectura dun fragmento da obra Circe ou o pracer do azul.


Moncha Prieto pon voz a Circe ou o pracer do azul


Begoña Caamaño

Begoña Caamaño

(Vigo, 1964 ― Santiago de Compostela, 2014)

Xornalista nas seccións de cultura e sociedade de informativos da Radio Galega. Traballou nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo e en Radio Noroeste. Foi correspondente en Vigo da Axencia Galega de Noticias e do desaparecido xornal madrileño El Sol. Colaborou en A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza; autora de reportaxes e numerosos artigos nas revistas Festa da Palabra Silenciada e DeLiberadaMente. 

Obras:

Circe ou o pracer do azul (Galaxia, 2009)

Morgana en Esmelle (Galaxia, 2012)

Pel azul e vermella (Grial nº 193, 2012)

Pel con pel (Antoloxia de autores/as, Galaxia, D.L. 2010)

'Circe ou o pracer do azul', de Begoña Caamaño: voz de María Besteiros

Circe ou o pracer do azul (ver libro)

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano á escritora e xornalista Begoña Caamañoa escritora viguesa María Besteiros ofrécenos a lectura dun fragmento da obra Circe ou o pracer do azul.
María Besteiros pon voz a Circe ou o pracer do azul

Begoña Caamaño

Begoña Caamaño

(Vigo, 1964 ― Santiago de Compostela, 2014)

Xornalista nas seccións de cultura e sociedade de informativos da Radio Galega. Traballou nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo e en Radio Noroeste. Foi correspondente en Vigo da Axencia Galega de Noticias e do desaparecido xornal madrileño El Sol. Colaborou en A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza; autora de reportaxes e numerosos artigos nas revistas Festa da Palabra Silenciada e DeLiberadaMente. 

Obras:

Circe ou o pracer do azul (Galaxia, 2009)

Morgana en Esmelle (Galaxia, 2012)

Pel azul e vermella (Grial nº 193, 2012)

Pel con pel (Antoloxia de autores/as, Galaxia, D.L. 2010)

'Morgana en Esmelle' de Begoña Caamaño: voz de Carmen Castro.

Morgana en Esmelle (ver libro)

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano á escritora e xornalista Begoña Caamaño, a escritora Carmen Castro comparte co noso espazo a lectura dun fragmento do libro Morgana en Esmelle.


Carmen Castro, lendo un fragmento de Morgana en Esmelle.


Begoña Caamaño

(Vigo, 1964 ― Santiago de Compostela, 2014)

Xornalista nas seccións de cultura e sociedade de informativos da Radio Galega. Traballou nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo e en Radio Noroeste. Foi correspondente en Vigo da Axencia Galega de Noticias e do desaparecido xornal madrileño El Sol. Colaborou en A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza; autora de reportaxes e numerosos artigos nas revistas Festa da Palabra Silenciada e DeLiberadaMente. 

Obras:

Circe ou o pracer do azul (Galaxia, 2009)

Morgana en Esmelle (Galaxia, 2012)

Pel azul e vermella (Grial nº 193, 2012)

Pel con pel (Antoloxia de autores/as, Galaxia, D.L. 2010)

'Circe ou o pracer do azul' de Begoña Caamaño: voz de Yoli López

Circe ou o pracer do azul (ver libro)
 
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano á escritora e xornalista Begoña Caamaño, a escritora e artista plástica Yoli López ofrécenos a lectura do fragmento final de Circe ou o pracer do azul.
Yoli López pon voz a Circe ou o pracer do azul.


Begoña Caamaño

(Vigo, 1964 ― Santiago de Compostela, 2014)

Xornalista nas seccións de cultura e sociedade de informativos da Radio Galega. Traballou nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo e en Radio Noroeste. Foi correspondente en Vigo da Axencia Galega de Noticias e do desaparecido xornal madrileño El Sol. Colaborou en A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza; autora de reportaxes e numerosos artigos nas revistas Festa da Palabra Silenciada e DeLiberadaMente. 

Obras:

Circe ou o pracer do azul (Galaxia, 2009)

Morgana en Esmelle (Galaxia, 2012)

Pel azul e vermella (Grial nº 193, 2012)

Pel con pel (Antoloxia de autores/as, Galaxia, D.L. 2010)

jueves, 23 de abril de 2026

Cinco lecturas recomendadas para el Día del Libro 2026


Desde este espacio queremos celebrar el Día del Libro 2026 recomendando algunas lecturas de grandes autoras. Son muchos los libros de los que nos gustaría hablar y muchas las escritoras a las que nos gustaría dar voz, pero hoy a nuestra memoria han acudido las siguientes:


Ver libro


Carmen Amoraga con La memoria infiel  novela recomendada por Marisa Martínez

La memoria infiel de Carmen Amoraga, fue publicado por Espasa en 2024 y explora la relación madre-hija en un viaje personal a través de la memoria de la protagonista que va desde el presente al pasado y la lleva a plantearse cuestiones no resueltas que creía olvidadas.

Ver libro

Berta Dávila con Raíz da fenda, poemario recomendado por Carmen Castro.

En Raíz da fenda, Berta Dávila, amósanos unha poesía que late a través das feridas que a vida imprime na alma da protagonista; desacordos familiares, enfermedades, mortes e cuitas que tentan achar unha vía de escape a través dos versos.


Ver libro

Cristina Peri Rossi, con Estado de exilio, poemario que nos recomienda Marta Navarro.

Cristina Peri Rossi, Premio Cervantes, considerada una de las escritoras más importantes en lengua española, reúne en Estado de exilio una colección de poemas teñidos por la nostalgia y el desarraigo. 

Sobre su publicación la autora dijo en su día: "La decisión de reunirlos en este libro se debe al tema común, el exilio, al que me enfrento de dos maneras completamente diferentes: con economía, dureza y emoción contenida en el primero, y con ironía, sarcasmo y espíritu lúdico en el segundo. Dos formas muy distintas para un mismo desgarramiento. En poesía, como en ningún otro género, el tiempo es árbitro implacable. Treinta años son nada, o son una eternidad. Apuesto por ambas" (Cristina Peri Rossi).


Eva Mejuto con Memoria do silencio novela xuvenil recomendada por  Manuela Vicente Fernández

Memoria do silencio é unha novela a tres voces de ficción histórica que nos recorda un capítulo pouco coñecido e que convén non esquecer do noso pasado recente: o papel de Galicia durante a II Guerra Mundial. Con esta novela, finalista do Premio Jules Vernes, Eva Mejuto regresa a narrativa xuvenil.


Ver libro

Stefan Bollmann con Las Mujeres que escriben son peligrosas, recomendación de Belén Mateos Galán

El libro Las mujeres que escriben viven peligrosamente o Las mujeres que escriben también son peligrosas (traducción de Ana Deluca) realiza un recorrido por la historia de  mujeres escritoras desde el siglo XII hasta el siglo XXI, que en esta reedición de Maeva aparece con un prólogo de Esther Tusquets.

'Las mujeres que escriben también son peligrosas', lectura recomendada por Belén Mateos

Ver libro

Muchas son las lecturas de autoras que nos gustaría recomendar en este Día del Libro 2026. No nos es posible nombrar todas las que quisiéramos, por eso agradecemos especialmente la recomendación que nos trae la escritora Belén Mateos Galán, que nos recomienda el libro del escritor alemán Stefan Bollman, Las mujeres que escriben también son peligrosas que realiza un recorrido por la historia de mujeres escritoras desde el siglo XII hasta el siglo XXI. Un libro que no nos puede faltar.



Stefan Bollmann (1958, Düsseldorf)











Estudió literatura alemana, teatro, historia y filosofía. Escritor, editor e investigador. Ha escrito varios libros sobre la temática de mujeres escritoras y lectoras. Su libro Las mujeres que leen son peligrosas: Mujeres que leen en la pintura y la fotografía fue traducido a 16 idiomas y  posteriormente publicó Las mujeres que escriben son peligrosas (Sandmann, Múnich, 2006) con prólogo de Elke Heidenreich y que en 2017 fue reeditado por Maeva, traducido por Ana Deluca Silberberg con prólogo de Esther Tusquets.







miércoles, 22 de abril de 2026

'Memoria do silencio', lectura recomendada por Manuela Vicente Fernández

Ver libro

Para este Día do Libro 2026 quero recomendar o libro de Eva Mejuto, Memoria do silencio, un libro de narrativa xuvenil, moi apropiado para que a xuventude acceda a coñecer feitos do noso pasado recente.

Libro recomendado por Manuela Vicente Fernández

















Eva Mejuto (Sanxenxo, 1975)

En Memoria do silencio, novela finalista do Premio Jules Verne, Eva Mejuto explora, a través da ficción e da realidade, un capítulo pouco coñecido do noso pasado: Galicia durante a II Gerra Mundial. 

Cunha narrativa sinxela, a novela mostranos un tempo que, hoxe máis que nunca, convén non esquecer.

martes, 21 de abril de 2026

'Estado de exilio', lectura recomendada por Marta Navarro

Ver libro

Para este Día del Libro, la escritora valenciana, Marta Navarro, nos lee el poema 'El amor existe', perteneciente al poemario  Estado de exilio, de Cristina Peri Rossi y cuya lectura nos recomienda.




Cristina Peri Rossi (Montevideo, 1941)

Escritora uruguaya, exiliada en España desde los años setenta, ganadora del Cervantes en 2021. Novelista, poeta y traductora, su escritura combina lo fantástico, lo erótico, lo político, siendo la única autora que suele incluirse dentro del llamado boom latinoamericano.
'El amor existe' pertenece al libro de poemas Estado de exilio, XVIII Premio Internacional Unicaja de Poesía Rafael Alberti, publicado por la Editorial Visor en 2003, y que reúne una colección de poemas que gira en torno al desarraigo y la nostalgia.



lunes, 20 de abril de 2026

'Raíz da fenda', lectura recomendada por Carmen Castro

Raíz da fenda (ver libro)

 A escritora galega Carmen Castro para celebrar o Día do Libro recítanos un poema de Berta Dávila, pertencente ao poemario Raíz da fenda, lectura que nos recomenda.

Vídeo: Carmen Castro (poema de Berta Dávila)



Marta Dávila (Santiago de Compostela, 1987)

Recoñecida novelista e poeta de longo recorrido, con numerosos premios no seu haber  (coma o Premio de la Crítica de Poesía Gallega 2013 e Premio da Crítica de Narrativa Galega 2019). Publicou 'Raíz da fenda' no ano 2013 con Edicións Xerais.







'La memoria infiel', lectura recomendada por Marisa Martínez

La memoria infiel (pinchar para ir al libro)

 

Para este próximo Día del Libro, la recomendación de Marisa Martínez, es una novela de la autora valenciana Carmen Amoraga, La memoria infiel.

Marisa Martínez








Escritora y periodista valenciana. Tiene en su haber numerosas novelas y en su trayectoria ha obtenido diversos premios (Premio Nadal 2007, Premio Planeta 2010). 'La memoria infiel' fue publicado por Espasa en 2024 y explora la relación madre-hija en un viaje personal y de memoria que hace la protagonista.

sábado, 21 de marzo de 2026

Seis poemas para celebrar el Día de la Poesía

 


Seis autoras nos hemos reunido para celebrar en el blog el Día Mundial de la Poesía, porque hoy llueve poesía y mañana... también.

Gracias a las autoras participantes: Concha García, Angélica Morales, Rosa Campos, Carmen Castro y Moncha Prieto.












'Cando escribo', un poema de Manuela Vicente Fernández

 

Manuela Vicente Fernández

Para celebrar este 21 de Marzo, Día Internacional da poesía, quero compartir o meu poema Cando escribo, adicado a creación e o sentir poético.

Feliz Día Internacional da Poesía.



Manuela Vicente Fernández

Son unha escritora ourensá de poesía, narrativa, e artigos literarios. Penso que escribir é un xeito, coma calquera outro, de estar e de ser, de percibir e intentar nomear a nosa realidade interna. A poesía é un canle que nos permite traducir sentimentos a verbas, tamén un xeito de convivir co invisible.


'Crise poética', un poema de Moncha Prieto

Moncha Prieto

A escritora galega Moncha Prieto recítanos o seu poema Crise poética que nos fala da pasión como canle para vencer o bloqueo creativo.







Moncha Prieto

"Escribo dende moi nova, maiormente en galego, para reivindicar e preservar a miña lingua nai. Escribir, para min, é unha necesidade e unha liberación. 

Publiquei en revistas e libros colectivos. A miña  primeira obra en solitario é 'Alma de barro. Relatos da Ribeira Sacra ' (Xerais 2021); proximamente sairá un segundo libro."


'Palabras, raíces do ventre', un poema de Carmen Castro

Carmen Castro

A escritora galega Carmen Castro, con motivo do Día Internacional da Poesía, recítanos para celebrar o a creación poética o seu poema: Palabras, raíces do ventre.

 



Escribe coa pel erizada de poesía dende nena, pero, sobre todo a partir da madurez porque sinte intensamente e precisa tatuar a dermis con versos de métrica libre.
Muller de ciencias por vocación e escritora por amor e devoción á literatura como arte para facer un mundo mellor. Xogar, medrar, sentir, combinar palabras é para ela un pracer a par que unha necesidade.

"Dixerir emocións e poñelas a secar na ventá para que o mundo as saboree comprace a miña intensidade e sensibilidade", dinos respecto a súa poética.







'Escucha', un poema de Rosa Campos

Rosa campos 

La escritora murciana, Rosa Campos, nos recita para celebrar este Día Internacional De la Poesía, su poema Escucha, que nos invita a prestar atención a la poesía que nos rodea.



Rosa Campos

"Escribir forma parte de mi vida desde que aprendí a tejer renglones con palabras. El gusto por la narración y la poesía se enraizó en mí desde pequeña, cuando escuchaba cuentos y canciones en familia. La magia que envuelve cualquier género literario al que me acerco como lectora me introduce en un universo donde mi curiosidad se alimenta y goza. Me gusta compartir lo que percibo de la poesía que anida en los días y sobre los claroscuros que también conllevan, poder generar un vínculo de cercanía con quienes se acerquen a mis poemas es un regalo".


'Escribir lo pequeño', un poema de Angélica Morales

Angélica Morales

Para celebrar el Día Internacional de la Poesía, la escritora y actriz, Angélica Morales, nos recita su poema Escribir lo pequeño, dedicado a la creación poética.


Angélica Morales:

Nació en Teruel, pero es oscense de adopción. Se considera artista por encima de todas las cosas, como diría su admirada Concha Velasco, su gran referente teatral. Narradora, dramaturga, directora teatral y poeta. Surrealista, tocada por el absurdo y los rayos ceñudos de Vallejo. También es demencial, dice, porque sin locura no hay creación. Es una niña herida que busca. Se escribe y cuenta historias en el escenario y sobre el vientre de una hoja en blanco. 

"Volar estando muy quieta", eso es escribir, dice.