Biblioteca
- Autora invitada
- Autoras noveles
- Biblioteca Ignoria
- Creación libre
- Cuentos de terror
- Día das Letras Galegas
- Día de la No violencia
- Día de la mujer
- Entrevistas
- Escritoras galegas
- Escritoras noveles de hoy
- Llenemos las redes de poesía
- Micros escogidos del grupo
- Noticias sobre el grupo
- Nuestras voces poéticas
- Paraversando autoras
- Política de privacidad
- Proyectos
- Proyectos de mujeres
- Reseñas
- Selección de micros
- Selección de micros (Varios autores)
- autoras reunidas
- biblioteca
- cuentos
- de historias y memorias
- el arte de escribir
- hablando de escribir
- leyendas
- ¿Y tú por qué escribes?
martes, 25 de noviembre de 2025
25N. LECTURAS PARA ALZAR LA VOZ
lunes, 25 de noviembre de 2024
"Cando calo", un texto de Moncha Prieto
Cando Calo
Quizais pensas que son a túa obra, que o tempo invertido na miña
creación non foi perdido e estéril.
Quizais ese é un criterio recorrente no
teu maxín. Quizais o penses porque, cando escoito as túas disertacións e calo,
debúxaseche nos beizos un aceno de vaidosa fachenda.
Que lonxe andas de saber o que esconden os
meus pensamentos cando te escoito calada:
Para
que non ceibes ira, escoito.
Escoito para sementar calma nas treboadas.
Treboadas que descargas, sen avisar, nos meus ríos de desesperanza.
E
calo. Calo pero non acepto. Cativa vinganza!.
É
difícil imaxinar que esa intelixencia privilexiada sexa incapaz de entender que
cada palabra non dita é un fío que cortamos desta case inexistente
comunicación. Cada silencio, unha ocasión perdida. Cada reproche, un rancor
envelenado.
Se fose posible que, por un momento,
abrises a fiestra dos meus pensamentos, quizais entenderías...
Quen sabe! Se esa visión desesperada
acendese a túa razón, saberías por fin que son especial na miña autenticidade.
Que non é preciso que tentes modelarme ao teu antollo, porque entón perdería o
cerne que me fixo única, exacta, perfecta.
Quero
ser como son, como era a primeira vez que dixeches que me amabas. Non quero
transformarme para que agora me ames. Non quero que me ames porque me
transformaches.
Permíteme ser eu para que poida vivir
contigo.
Permíteme ser eu para que poida vivir comigo.
Un texto de Moncha Prieto
![]() |
| Moncha Prieto |
Un poema de Lucía Novas Garrido
de obsidiana, de lava candente;
son a malísima feiticeira que
agocha
a súa beleza entre sabugueiro e
fento,
a que traballa de sol a sol para
gañar
millo
e especias,
a das mans con calos e terra
de laboura intensa;
son a que goza do amor en montes
bravurentos,
a que axuda ás poldras
a parir;
son a que devorou a mazá, a que
encarnada
de desexo
inxuriou
o poder establecido;
son a que se inunda de arroz, de
fariña
e plenilunio;
son a que cría, a que alimenta, a
que agarima,
a que ergue
espadanas neste mundo;
son o monstro de tentacións e
pecado, son a
letra
escarlata
de pavo e calacús (terror enfeitado
de lenda):
son a que camiña soa entre os
areeiros
herbosos;
son a do aquelarre, o mito
que carga coas maldades; a gata
voluptuosa,
sensual e indecente, a danzarina
núa
que enche os corazóns
e é desprezada;
son Salomé, Lilith, Eva, Dalila (a
mala,
a alimaria);
son a aldraxada, a violada, a
vexada, a
pura, a infeliz, a apreixada entre
gadoupas
brancas.
Son
unha muller.
Poema de Lucía Novas Garrido
![]() |
| Lucía Novas Garrido |






