A escritora Lucía Novas Garrido envíanos para celebrar o Día das Letras Galegas unha lectura do poema 'Isto é poesía, un ruido provocado' de Luísa Villalta do poemario En concreto.
A Real Academia Galega (RAG) elixiu a Luísa Villalta como autora homenaxeada para o Día das Letras Galegas de 2024. A RAG destacou que "foi unha creadora dunha obra única e sólida que a convirtiu nunha das grandes figuras da literatura galega da segunda metade dos anos 80 e principios dos 90".
A autora, comprometida con Galicia participou na mesa pola Normalización Lingüística e formou parte da directiva da AELG.
En concreto é o último poemario que Luísa Villalta deixou listo en vida. O libro foi recoñecido en xaneiro de 2004 co XII Premio de Poesía Espiral Maior. O xurado destacou o seu carácter expresionista, o pensamento crítico maduro e o equilibrio estilístico entre o conceptual e o visionario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario