martes, 10 de febrero de 2026

Carmen Castro: Escribir é expandir alma e espíritu con total liberdade

 Carmen Castro, poeta

Temos o pracer no blog de recibir a poeta, Carmen Castro, nada en Silleda (Pontevedra), escritora galega e asidua participante de recitais poéticos.  Pedimos a Carmen que nos fale sobre os seus inicios na escrita, referentes, rituáis a hora de escribir e motivacións para adentrarse na faceta poética. 

Inicios na escrita:

 O exercicio da escritura sempre viveu en mín. Dende nena, no colexio participaba en todos os concursos literarios.

A pesares de considerarme unha muller de mente científica, a miña curiosidade e vínculo coa literatura sempre foi intenso. Gustaba de analizalo todo, encher papéis con preguntas sobre o sentido da existencia, da filosofía da vida e especialmente do invisible. Pasaba horas observando o universo, as estrelas, buscaba o nome das constelacións, dibuxaba seres da mitoloxía clásica.Todo me causaba curiosidade, misterio, intriga.

Penso que nacín nas profundidades e ainda a dia de hoxe, continúo habitando o seu ecosistema. Todos estos temas me levaron a escribir. Nembergantes, a miña etapa literaria comezou entrada a madurez, especialmente despois do meu divorcio, cando comezei a vivir soa.A partir de ahí, escribín para procesar o meu sentir como muller que comenza unha nova etapa libre, resiliente e chea de poesía.

Por qué escribo

Cando a alma precisa expresarse, debe facelo dalgunha maneira. Algunhas persoas teñen a necesidade de facelo cara ao mundo ao modo de espello. Abrir o seu corazón e ser unha raiola de luz para quen precise identificarse con este mesmo sentir. Todos, como seres humanos sociais que somos, temos necesidade de mostrarnos e non sempre achamos a forza suficiente. Eu fágoo deste xeito: poetizando. Un día escoitei de Robe Iniesta, cantante de Extremoduro unha frase: ama para ensanchar a alma. Eu fago iso mesmo cando escribo: expandir alma e  espíritu con total liberdade.

Referentes

Din que para escribir ben hai que ler moito. Penso que é certo, e engado, ademáis, que axuda escoitar os que che poden ensinar. 

A lectura que mais me impactou na adolescencia foi Tres mil leguas de viaxe submarino de Verne, algunhos clásicos como as Meditacións de Marco Aurelio. Tamén profundicei moito na lectura de Lorca e de Alberti.

Os ensaios sempre me gustaron, sobre todo se tratan da natureza e tocan temas de espiritualidade. Lin a Kafka, Murakami, Camus e  a poetas coma Rosalía, Curros, Castelao, Ida Vitale, Cristina Peri Rosi entre moitos máis.

Actualmente gusto de descubrir poetas de nova xeneración e compartir con amigos e algúns coñecidos recitais poéticosos nos que me convidan.

Penso que a mellor parte da poesía está en facela pública e recitala para que poida ser entendida e vivida.

Son unha poeta bilingüe, as línguas son todas dignas.

Publiquei no 2019 o meu primeiro poemario en castelán, " Una ventana en el alma" editado pola Ed. Fervenza. No 2024, o segundo, en galego co título de " Trigonometría da muller", unha mestura da linguaxe onírica coa científica onde quixen reflexar a miña evolución como muller de pensamento libre e servir de pulo para que outras se atrevan a romper moldes e cadeas. A fuxir do medo as crenzas limitantes e saber quen somos nun mundo cheo de controversias e disonancias e falsas expectativas.

Rituais para escribir 

Escribir é un ritual en sí mesmo. Un exercicio de coñecemento interior.

Escribo en calquera lugar, no banco dun parque, na beira dun rió, nunha praia ou tomando un café.Non preciso un lugar concreto pero nas noites de choiva sinto unha especial calma e prendo unha vela de sal, pecho os ollos e penetro nun soño que ao despertar debuxo no caderno que teño máis cerca.

Escribo á man porque a letra forma parte do pulso do poema, é parte do seu corpo.


Poemas

O sol encrucillado

nas ramaxes das arbóres.

A burbulla emerxente

enfocando os beizos resecados da friaxe.

Bican o serán 

das cordas dunha guitarra

cómplice das sombras.

Unha man no peto,

outra sostendo o peso

calibrado das atalaias  nas ás

das primeiras bolboretas.

O aire brotando no vestido,

as camelias das lúas de xaneiro, espertando.

Carmen C.🌿


******************


Volar sobre los rituales del mar

escribiendo a mano y borrando las tachaduras con las olas.

Se explaya en la brisa 

el ciclo natural de la vida

se embebe libremente la tarde.

La sabiduría de Quirón 

se convierte en la constelación de Sagitario 

y huele a inmortalidad,

a la ilimitada vida de las ánforas de arena en el cielo sur de las llanuras abisales.

El genoma del viento

transcribe rituales asimétricos viajando tiempo atrás.

Y si cierro los ojos

me veo como una alfarera de las rocas que han emergido de los cromosomas de la tierra.

Entonces 

siento mi fragilidad y preciso volver a un punto del sol.

Carmen C.🌿


*****************


Las huellas protegen mi piel del frío,

tras la noche una nueva estampa embadurnada de arena.

Gotas de asilo 

indelebles y suaves marcas que el agua mece

en las horas tranquilas.

Pausa e impulso.

La ética de un mar gigante 

sin plagios,

un maremagnum de mesuradas miradas.

Impregnadas se sales marinas

las papilas gustativas de las turmalinas

y los cuantos de los soles de enero.

La quietud cristalizada en las formas onduladas

solamente intactas en los pies de los cormoranes.

Vadeando mientras yo respiro un puñado de luz.

Carmen C.🌿



Carmen Castro


Biografía 

Ata día de hoxe a miña poesía está recollida en dous poemarios:

Una ventana en el alma (en castelán), e Trigonometría da muller (en galego), son poeta bilingüe.

Publico casi a diario nas redes sociais co nome de Carmen Castro e tamén co sobrenombre de Poeta do hemisferio norte. Participei en recitais poéticos adicados a María Mariño no concello de Boiro, tamén no Liceo de Ferrol, no concello de Negreira na Asociación cultural Os gazafellos, e en outros certames para celebrar o día da poesía.

Pendente de publicar novo poemario ao longo deste ano, posiblemente.

Tamén algunha publicación na revista Nós xente de a Redor, na súa XX edición.


Trigonometría da muller (info)

Una ventana en el alma (info)