![]() |
Moncha Prieto |
A escritora e locutora galega Moncha Prieto envíanos para celebrar o Día da Muller este fermoso poema.
POR ELAS
Por elas,
que só pedían xustiza
respecto, voz, igualdade.
Por elas,
porque somos herdeiras
das voces acaladas
en dor, en lume, en medo e rabia.
Por elas,
caraveis violetas,
enchoupados en sangue,
agromados en cinza
da terra asoballada.
Por elas,
agradecidas, xuntas,
irmás nesta batalla.
Por elas
o intrínseco desexo,
a solemne promesa:
nunca máis silenciadas.
Biografía
Foi secretaria do Centro Galego de Barcelona, e colaborou con diversas asociacións e revistas literarias, como Alborada, Follas Secas ou Lúa Nova. Durante máis dunha década adicouse ao mundo da radio. Puxo en antena o programa Galicia máis cerca e traballou en varias emisoras, sendo presidenta de Ergac (Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya). Impulsora do evento poético e musical Escaleira literaria en Sober (lugo). Participou no libro Voz e Voto en homenaxe a Celso Emilio Ferreriro, e coordinou a edición de Vivir en presente. En maio de 2021 publica Alma de Barro: Relatos da Ribeira Sacra.
Na actualidade colabora con aportacións poéticas na Revista Inviable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario