Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

domingo, 17 de mayo de 2026

5 voces para lembrar a Begoña Caamaño

Begoña Caamaño

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano 2026 á escritora e xornalista Begoña Caamaño,  varias autoras demos voz a distintos fragmentos das obras da escritora feminista viguesa. 

Yoli López dá voz a 'Circe ou o pracer do azul'

Carmen Castro dá voz a  'Morgana en Esmelle'

Begoña Caamaño

(Vigo, 1964 ― Santiago de Compostela, 2014)

Xornalista nas seccións de cultura e sociedade de informativos da Radio Galega. Traballou nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo e en Radio Noroeste. Foi correspondente en Vigo da Axencia Galega de Noticias e do desaparecido xornal madrileño El Sol. Colaborou en A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza; autora de reportaxes e numerosos artigos nas revistas Festa da Palabra Silenciada e DeLiberadaMente. 

Obras:

Circe ou o pracer do azul (Galaxia, 2009)

Morgana de Esmelle (Galaxia, 2012)

Pel azul e vermella (Grial nº 193, 2012)

Pel con pel (Antoloxia de autores/as, Galaxia, D.L. 2010)

'Pel azul e vermella', de Begoña Caamaño: voz de Manuela Vicente

 Para celebrar este Día das Letras Galegas, adicado a escritora Begoña Caamaño, vou ler un fragmento do seu relato, Pel azul e vermella, publicado no ano 2012 na revista Grial.

Manuela Vicente, lendo un fragmento de Pel azul e vermella

Begoña Caamaño

Begoña Caamaño

(Vigo, 1964 ― Santiago de Compostela, 2014)

Xornalista nas seccións de cultura e sociedade de informativos da Radio Galega. Traballou nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo e en Radio Noroeste. Foi correspondente en Vigo da Axencia Galega de Noticias e do desaparecido xornal madrileño El Sol. Colaborou en A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza; autora de reportaxes e numerosos artigos nas revistas Festa da Palabra Silenciada e DeLiberadaMente. 

Obras:

Circe ou o pracer do azul (Galaxia, 2009)

Morgana en Esmelle (Galaxia, 2012)

Pel azul e vermella (Grial nº 193, 2012)

Pel con pel (Antoloxia de autores/as, Galaxia, D.L. 2010)

'Circe ou o pracer do azul', de Begoña Caamaño: voz de Moncha Prieto.

Circe ou o pracer do azul (ver libro)

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano á escritora e xornalista Begoña Caamañoa escritora e locutora Moncha Prieto ofrécenos a lectura dun fragmento da obra Circe ou o pracer do azul.

Moncha Prieto pon voz a Circe ou o pracer do azul

Begoña Caamaño

Begoña Caamaño

(Vigo, 1964 ― Santiago de Compostela, 2014)

Xornalista nas seccións de cultura e sociedade de informativos da Radio Galega. Traballou nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo e en Radio Noroeste. Foi correspondente en Vigo da Axencia Galega de Noticias e do desaparecido xornal madrileño El Sol. Colaborou en A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza; autora de reportaxes e numerosos artigos nas revistas Festa da Palabra Silenciada e DeLiberadaMente. 

Obras:

Circe ou o pracer do azul (Galaxia, 2009)

Morgana en Esmelle (Galaxia, 2012)

Pel azul e vermella (Grial nº 193, 2012)

Pel con pel (Antoloxia de autores/as, Galaxia, D.L. 2010)

'Circe ou o pracer do azul', de Begoña Caamaño: voz de María Besteiros

Circe ou o pracer do azul (ver libro)

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano á escritora e xornalista Begoña Caamañoa escritora viguesa María Besteiros ofrécenos a lectura dun fragmento da obra Circe ou o pracer do azul.
María Besteiros pon voz a Circe ou o pracer do azul

Begoña Caamaño

Begoña Caamaño

(Vigo, 1964 ― Santiago de Compostela, 2014)

Xornalista nas seccións de cultura e sociedade de informativos da Radio Galega. Traballou nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo e en Radio Noroeste. Foi correspondente en Vigo da Axencia Galega de Noticias e do desaparecido xornal madrileño El Sol. Colaborou en A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza; autora de reportaxes e numerosos artigos nas revistas Festa da Palabra Silenciada e DeLiberadaMente. 

Obras:

Circe ou o pracer do azul (Galaxia, 2009)

Morgana en Esmelle (Galaxia, 2012)

Pel azul e vermella (Grial nº 193, 2012)

Pel con pel (Antoloxia de autores/as, Galaxia, D.L. 2010)

'Morgana en Esmelle' de Begoña Caamaño: voz de Carmen Castro.

Morgana en Esmelle (ver libro)

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano á escritora e xornalista Begoña Caamaño, a escritora Carmen Castro comparte co noso espazo a lectura dun fragmento do libro Morgana en Esmelle.

Carmen Castro, lendo un fragmento de Morgana en Esmelle.

Begoña Caamaño

(Vigo, 1964 ― Santiago de Compostela, 2014)

Xornalista nas seccións de cultura e sociedade de informativos da Radio Galega. Traballou nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo e en Radio Noroeste. Foi correspondente en Vigo da Axencia Galega de Noticias e do desaparecido xornal madrileño El Sol. Colaborou en A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza; autora de reportaxes e numerosos artigos nas revistas Festa da Palabra Silenciada e DeLiberadaMente. 

Obras:

Circe ou o pracer do azul (Galaxia, 2009)

Morgana en Esmelle (Galaxia, 2012)

Pel azul e vermella (Grial nº 193, 2012)

Pel con pel (Antoloxia de autores/as, Galaxia, D.L. 2010)

'Circe ou o pracer do azul' de Begoña Caamaño: voz de Yoli López

Circe ou o pracer do azul (ver libro)
 
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano á escritora e xornalista Begoña Caamaño, a escritora e artista plástica Yoli López ofrécenos a lectura do fragmento final de Circe ou o pracer do azul.
Yoli López pon voz a Circe ou o pracer do azul.

Begoña Caamaño

(Vigo, 1964 ― Santiago de Compostela, 2014)

Xornalista nas seccións de cultura e sociedade de informativos da Radio Galega. Traballou nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo e en Radio Noroeste. Foi correspondente en Vigo da Axencia Galega de Noticias e do desaparecido xornal madrileño El Sol. Colaborou en A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza; autora de reportaxes e numerosos artigos nas revistas Festa da Palabra Silenciada e DeLiberadaMente. 

Obras:

Circe ou o pracer do azul (Galaxia, 2009)

Morgana en Esmelle (Galaxia, 2012)

Pel azul e vermella (Grial nº 193, 2012)

Pel con pel (Antoloxia de autores/as, Galaxia, D.L. 2010)

sábado, 17 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS 2025: AS CANTAREIRAS

Neste 17 de maio de 2025 celebramos o Día das Letras Galegas que está adicado ás cantareiras, mulleres que mantiveron viva a nosa lingua a través das súas cantigas e panderetas. A nosa tradición oral mantivo a súa identidade nos anos escuros grazas as cantareiras. Vai por elas.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!! 

Ilustración por: Yoli López

https://academia.gal/letras-galegas/2025/cantareiras

https://www.rtve.es/play/videos/telexornal-galicia/poesia-popular-oral-cantareiras/16577201/

viernes, 17 de mayo de 2024

Luísa Villalta, Día das Letras Galegas 2024

Ilustración da portada do libro 'Abonda con vivir' (Xerais)

 Celebramos este 17 de maio, Día das Letras Galegas, adicado a poeta Luisa Villalta,  lembrando algunhas das súas obras a través de varios poemas, que compartimos nas seguintes lecturas.

 Sobre a obra de Luisa Villalta dinos Víctor F. Freixanes, Presidente da Real Academia Galega, que sitúase sempre na emoción e na ambición expresiva: poética sen concesións, que propón unha lectura esixente, ao tempo que ofrece rexistros renovados e estimulantes. 

Gracias a todas as autoras participantes. 

Feliz día das Letras Galegas!!!!

«Pensar é escuro» de Luísa Villalta, por Manuela Vicente

Pensar é escuro (libro)

Para celebrar o Día das Letras Galegas elixo o poema que da título a obra Pensar é escuro de Luísa Villalta.

Real Academia Galega (RAG) elixiu a Luísa Villalta como autora homenaxeada para o Día das Letras Galegas de 2024. A RAG destacou que "foi unha creadora dunha obra única e sólida que a convirtiu  nunha das grandes figuras da literatura galega da segunda metade dos anos 80 e principios dos 90". 

A autora, comprometida con Galicia participou na mesa pola Normalización Lingüística e formou parte da directiva da AELG.

Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004)

Esta obra recupera os catro títulos que Luísa Villalta dispuxo en vida para a súa publicación. A sua obra converteu a autora nunha das voces máis importantes da poesía galega do noso tempo e consagrárona como unha creadora singular e inimitable.

Máis información sobre Pensar é escuro

Pensar é escuro (sobre a obra completa de Luísa Villalta)

«Isto é poesía, un ruido provocado» de Luísa Villalta, por Lucía Novas Garrido

A escritora Lucía Novas Garrido envíanos para celebrar o Día das Letras Galegas unha lectura do poema 'Isto é poesía, un ruido provocado' de Luísa Villalta  do poemario En concreto.

Real Academia Galega (RAG) elixiu a Luísa Villalta como autora homenaxeada para o Día das Letras Galegas de 2024. A RAG destacou que "foi unha creadora dunha obra única e sólida que a convirtiu  nunha das grandes figuras da literatura galega da segunda metade dos anos 80 e principios dos 90". 

A autora, comprometida con Galicia participou na mesa pola Normalización Lingüística e formou parte da directiva da AELG.

 En concreto é o último poemario que Luísa Villalta deixou listo en vida. O libro foi recoñecido en xaneiro de 2004 co XII Premio de Poesía Espiral Maior. O xurado destacou o seu carácter expresionista, o pensamento crítico maduro e o equilibrio estilístico entre o conceptual e o visionario. 

«A estación» de Luísa Villalta, por Rochi Nóvoa

Fuente de la imagen

A escritora  Rochi Nóvoa Vázquez   envíanos para celebrar o Día das Letras Galegas unha lectura do poema 'Estación' de  Luísa Villalta , que pertence á obra  En concreto.

Real Academia Galega (RAG) elixiu a Luísa Villalta como autora homenaxeada para o Día das Letras Galegas de 2024. A RAG destacou que "foi unha creadora dunha obra única e sólida que a convirtiu  nunha das grandes figuras da literatura galega da segunda metade dos anos 80 e principios dos 90". 
A autora, comprometida con Galicia participou na mesa pola Normalización Lingüística e formou parte da directiva da AELG.

 En concreto é o último poemario que deixou listo Luísa Villalta en vida. O libro foi recoñecido en xaneiro de 2004 co XII Premio de Poesía Espiral Maior. O xurado destacou o seu carácter expresionista, o pensamento crítico maduro e o equilibrio estilístico entre o conceptual e o visionario. 

«O solitario» de Luísa Villalta, por Moncha Prieto

('O solitario...' do poemario Ruido)

A escritora Moncha Prieto envíanos para celebrar o Día das Letras Galegas unha lectura do poema de Luísa Villalta, 'O solitario', do poemario Ruido.

Real Academia Galega (RAG) elixiu a Luísa Villalta como autora homenaxeada para o Día das Letras Galegas de 2024. A RAG destacou que "foi unha creadora dunha obra única e sólida que a convirtiu  nunha das grandes figuras da literatura galega da segunda metade dos anos 80 e principios dos 90". 
A autora, comprometida con Galicia participou na mesa pola Normalización Lingüística e formou parte da directiva da AELG.

O poemario Ruido foi o seu segundo poemario, saiu a luz en 1995 a través da editorial Espiral Maior (Coruña).

«Embotellamento» de Luisa Villalta por Yoli López

Luisa Villalta

A escritora Yoli López recítanos para celebrar o Día das Letras Galegas o poema da escritora homenaxeada, Luísa Villalta, que leva por título 'Embotellamento' e pertence o seu poemario En concreto.

Real Academia Galega (RAG) elixiu a Luísa Villalta como autora homenaxeada para o Día das Letras Galegas de 2024. A RAG destacou que "foi unha creadora dunha obra única e sólida que a convirtiu  nunha das grandes figuras da literatura galega da segunda metade dos anos 80 e principios dos 90". A autora, moi comprometida con Galicia, participou na mesa pola Normalización Lingüística e formou parte da directiva da AELG.

En concreto é o último poemario que Luísa Villalta deixou listo en vida. O libro foi recoñecido en xaneiro de 2004 co XII Premio de Poesía Espiral Maior. O xurado destacou o seu carácter expresionista, o pensamento crítico maduro e o equilibrio estilístico entre o conceptual e o visionario. 

«O ceo cobrou unha cor...» de Luísa Villalta, por María José Viz

Foto de Luisa Villalta escollida polo colectivo A Sega

 A escritora María José Viz Blanco recítanos  o poema de Luísa Villalta 'O ceo cobrou unha cor' que pertence o poemario Ruido 

Real Academia Galega (RAG) elixiu a Luísa Villalta como autora homenaxeada para o Día das Letras Galegas de 2024. A RAG destacou que "foi unha creadora dunha obra única e sólida que a convirtiu  nunha das grandes figuras da literatura galega da segunda metade dos anos 80 e principios dos 90". 
A autora, comprometida con Galicia participou na mesa pola Normalización Lingüística e formou parte da directiva da AELG.

O poemario Ruido foi o seu segundo poemario, saiu a luz en 1995 a través da editorial Espiral Maior (Coruña).

martes, 17 de mayo de 2022

'Poetizar' Un poema inédito de María José Viz no Día das Letras Galegas

Poesía espida.
Estela fermosa.
Fraxilidade no cristal.
Oasis entre as bucinas cotiás do fastío.
Vagan os meus versos
por equinoccios e solsticios,
por lúas e soles
que achegan perfume de nardos
prendido do seu abismo solitario.
A poeta perdida
detén a traxectoria
da tormenta
e as metáforas xemen,
agrandando as feridas
que abriu o verso sedento,
aquel que brinca na poza
na que bebe, con vivo ritmo,
o furacán do sosego lírico.
MARÍA JOSÉ VIZ BLANCO.
[Poema incluído nunha obra inédita]

Foto e imaxe cedidas pola autora

A carón da vida (no día das letras galegas)

 A carón da auga escribo

    mergullada en sentires

    escoitando

   o ruxe ruxe das vogais

   agardando

   as verbas indefindas:

   Galicia,

   Galiza,

   nai dos pobres

   nai dos ricos de espíritu.

MVF©

#DíadasLetrasGalegas