Mostrando entradas con la etiqueta escrita en galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta escrita en galego. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de mayo de 2022

'Poetizar' Un poema inédito de María José Viz no Día das Letras Galegas

 


Poesía espida.
Estela fermosa.
Fraxilidade no cristal.
Oasis entre as bucinas cotiás do fastío.
Vagan os meus versos
por equinoccios e solsticios,
por lúas e soles
que achegan perfume de nardos
prendido do seu abismo solitario.
A poeta perdida
detén a traxectoria
da tormenta
e as metáforas xemen,
agrandando as feridas
que abriu o verso sedento,
aquel que brinca na poza
na que bebe, con vivo ritmo,
o furacán do sosego lírico.
MARÍA JOSÉ VIZ BLANCO.
[Poema incluído nunha obra inédita]

Foto e imaxe cedidas pola autora

A carón da vida (no día das letras galegas)

   

 A carón da auga escribo

    mergullada en sentires

    escoitando

   o ruxe ruxe das vogais

   agardando

   as verbas indefindas:

   Galicia,

   Galiza,

   nai dos pobres

   nai dos ricos de espíritu.

   

MVF©

#DíadasLetrasGalegas