FELIZ DÍA DA PATRIA GALEGA!!!!
Se che contan un día que caín
lémbrate das túas costras nos nocellos,
das feridas da infancia que gardaches
no fondo do ropeiro
e descende
lenta, mansa
docemente
sen opor resistencia
sen xemido
e acouga:
esperta á inmensidade dende o chan
dende o fondo do mundo
onde o ruido se converte en silencio
e fai posibel
que aprendas a voltar
espacio,
paseniño.
25/07/2024
No hay comentarios:
Publicar un comentario