![]() |
Moncha Prieto A locutora e escritora galega Moncha Prieto, envíanos para celebrar o Día Internacional da Poesía, o poema titulado ‘A túa voz’. A TÚA VOZ (Barcelona, 1987) A túa voz vagalume senlleiro de noites alienadas que dormen na preguiza cómoda da ignorancia. Marusía que axita horizontes estáticos das gaivotas que un día venderon as súas alas e trocaron os soños por falsas lambetadas. A túa voz crítica, coma a dun mestre refugando ignorancias. Agarimosa coma unha nai que arrola ó seu meniño… e canta. Constante coma a man do amigo que sempre nos agarda. Doce mesmo coma as palabras que só din os amantes. A túa voz camiño de ningures dun quizais pendurada. Coroada de envexas, odiada e desexada. A túa voz arrecendendo a utópica chantada no desexo dunha meta soñada. A túa voz, amigo, é a vida que pasa. Escritora e locutora galega, para quen escribir é unha terapia imprecindible. Crear, según pensa, é xogar a ser Deus. Nos personaxes escóndese, as veces, todo un mundo intrínseco que non podería expresar doutro xeito. |
Biblioteca
- Autora invitada
- Autoras noveles
- Biblioteca Ignoria
- Creación libre
- Cuentos de terror
- Día das Letras Galegas
- Día de la No violencia
- Día de la mujer
- Entrevistas
- Escritoras galegas
- Escritoras noveles de hoy
- Llenemos las redes de poesía
- Micros escogidos del grupo
- Noticias sobre el grupo
- Nuestras voces poéticas
- Paraversando autoras
- Política de privacidad
- Proyectos
- Proyectos de mujeres
- Reseñas
- Selección de micros
- Selección de micros (Varios autores)
- autoras reunidas
- biblioteca
- cuentos
- de historias y memorias
- el arte de escribir
- hablando de escribir
- leyendas
- ¿Y tú por qué escribes?
viernes, 21 de marzo de 2025
'A túa voz', un poema de Moncha Prieto
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario